A outra final de Champions. Por @DulceCorcu

Aínda segue latexando a estrepitosa eliminación do F.C. Barcelona na semifinal de Champions en Liverpool o pasado martes. Minutos, horas e días dedicados a analizar o fracaso, a oportunidade perdida e o rendemento dos seus xogadores. No mesmo clube, o equipo feminino uns días antes, sí foi quen de prantarse nesa final con todo esplendor, e o 18 de maio xogarán o definitivo partido nunha canle en aberto, a unha hora -seis da tarde- que tuvo que lidiar coas pretensións do presidente da Liga española, que pretendía que nese mesmo horario dese comezo a derradeira xornada da Liga masculina. O balbordo provocado obrigóuno a reconsideralo e, finalmente, pospoñer a súa competición un par de horas. Non era abondo que acadar esa final pasase prácticamente desapercibido para os medios, que non obtivese tres horas de profunda análise deportiva nos programas da televisión, nin que os xornais estivesen cheos de artigos alabando as virtudes das xogadoras, senón que por enriba o que pretendía Javier Tebas era que ninguén vise esa final contraprogramando coa “Liga das Estrelas”. 

Invisibilizar o fútbol feminino é algo habitual, pero cada vez máis pasos van dirixidos a que iso mude, empezando polas mesmas xogadoras, coma as do Valencia o ano pasado, que protestaron enérxicamente cando a mesma xornada elas e o equipo masculino viaxaban ao mesmo destino: Bilbao. Para eles, avión e comodidades, para elas, autocar e horas na estrada. No mesmo Barça e tamén a tempada pasada, nunha xira por Estados Unidos, o equipo feminino tamén viaxou en avión coma o masculino, coa salvadade de que eles foron en primeira clase e elas en turista. As protestas sí fixeron que o clube dese explicacións e subsanase en vindeiras viaxes a diferenza discriminatoria. Con todo, ese Barça feminino que desputará a finalísima da Champions, ten un soldo para toda a plantilla que equivale a un só día de ganancias de Messi, que xa está na casa. Son o tipo de cousas ás que quere poñer en valor a actual gañadora do Balón de Ouro, Ada Hegerberg, que vén de anunciar que non acodirá á Copa Mundial Feminina con Noruega, a súa selección, por ter que facelo en condicións moi distintas ás dos seus compañeiros masculinos, que contan con todo tipo de infraestruturas, coidados específicos e comodidades das que elas non desfrutarán. É un sacrificio persoal que a xogadora entende coma única maneira de chamar a atención sobre a discrimanación existente en ambas competicións. Sen visibilidade nunca poderán encher campos, ser recoñecidas e, por tanto, ter as mesmas oportunidades que os equipos masculinos. Só cabe desexar que non teña que haber máis “Adas”, renunciando aos seus logros deportivos para que a igualdade chegue de verdade a ámbitos que xa non son dun xénero en concreto. Tamén, para que unha final de Champions non sexa só motivo de atención cando a desputan homes. A outra final, a das mulleres….tamén se xoga!.
Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

siete − 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.