CD Lugo e Xunta de Galicia suman forzas na loita contra a Violencia de Xénero

O CD Lugo da un paso decidido na loita contra a Violencia de Xénero e une as súas forzas coa Xunta de Galicia para difundir as mensaxes contempladas Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e o presidente da entidade albivermella, Tino Saqués, Carlos Mouriño, asinaron este mércores un acordo que ten como obxectivo a prevención fronte á violencia de xénero. Ao acto celebrado no Instituto Ollos Grandes de Lugo, e no que tamén o CB Breogán asinou o seucompromiso coa causa, acudiron tamén o Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

A través do acordo de patrocinio desenvolveranse medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do mesmo xeito que nos asinados por outros clubes como o Real Club Celta, o Real Club Deportivo da Coruña ou o Obradoiro CAB.

Segundo o convenio formalizado hoxe, o CD Lugo deberá presentar a campaña, difundila e dedicar un partido do equipo a esta temática.

No acto de firma o presidente albivermello suliñou a importancia do deporte para difundir este tipo de iniciativas: “Os nosos emblemas, os técnicos e os xogadores, como referentes para a sociedade son una excepcional ferramenta para crear concienciación. Poñeremos todo o que esté nas nosas mans para que a mensaxe chegue a tódolos recunchos da nosa terra. Unamos as nosas forzas para lograr erradicar do noso día a día a desigualdade, a discriminación por xénero, os maltratos e a lacra que supon calquer tipo de violencia.”

O CD Lugo continúa así coa su aposta decidida pola igualdade. Nesta liña, o club implantou ao comezo da tempada pasada un plan de igualdade que busca evitar as diferenzas por motivos de sexo entre o seu persoal non competitivo e que será revisado e readaptado periodicamente. A entidade albivermella toma a vangarda neste aspecto, sendo un dos primeiros clubs de LaLiga Santander e de LaLiga SmartBank cun Plan de Igualdade rexistrado.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

20 − 20 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.