Lugo. San Froilán Asociativo VII Edición

Máis dunha decena de colectivos, asociacións e plataformas sociais, políticas, culturais e ecoloxistas presentamos a oitava edición do San Froilán Asociativo que terá lugar o sábado día 5 de Outubro na Praza de Santo Domingo (en caso de choiva nos soportais da Praza Maior) de 11:00 a 21:00.

Un evento autorganizado entre os colectivos partícipes, onde se presentará o traballo de cada quen construído os 364 días restantes do ano e que son parte imprescindible do tecido social lucense.

Este non só é un evento de mostra, senón que esta unidade é tamén un indicador da boa saúde da que goza o tecido asociativo lucense, dende abaixo, dende os centros sociais autoxestionados, as asembleas ou as rúas; e onde compartimos unha serie de valores como o é a crenza na construcións dun mundo máis xusto e a necesidade de manter e mellorar os lazos comunitarios en tempos nos que impera o individualismo.

Ademais da presentación permanente dos diferentes colectivos de 10:00 a 21:00, haberá conta contos con Trécola ás 12:00, a performance satírica do “Festival Marca España” ás 19:30 e o concerto de Bouba Pandereteiras ás 20h.

Convidamos a todas as persoas da cidade e de paso a que se acheguen a coñecernos nestas festas, as do San Froilán, moi ligadas a tradición da nosa cultura e que nós non só queremos ver como espectadores, senón ser tamén suxeitos partícipes.

Tamén animamos á xente a apoiar á cultura local que fará presenza nas diferentes prazas da cidade con grupos musicais -e non musicais- locais, os máis vellos e os máis novos, que son parte imprescindible de calquera festa popular e que, como tal, reivindicamos. Espresar ademais o noso apoio explícito a aqueles grupos que algunha forza política reaccionaria quixo censurar nestas festas, como lle ocorreu, desta vez, ao grupo lucense Filophóbicas, con quen non nós cansaremos de festexar.

COLECTIVOS ASINANTES:

Banco de Tempo, Bolboretas Fiandeiras, Semente, Plataforma Stop Desafiuzamentos, Plataforma Feminista, Erguer, Briga, Galiza Nova, Mádia Leva, Adega, Translurpies, Pensa Lugo, Lugo Sen Mordazas, Isca Mocidade. Mocidade Pola Independência

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 × 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.