A Casa-Museo Manuel María organiza para este domingo unha camiñada por algúns dos lugares de Outeiro de Rei máis íntimos de Manuel María

A Casa-Museo organiza para este domingo, 1 de decembro, unha camiñada por algúns dos lugares de Outeiro de Rei máis íntimos de Manuel María

A actividade, que leva por título “Polos camiños da tribo”, será guiada e dinamizada por  Orlando Viveiro, estudoso e divulgador cultural. O percurso, de seis quilómetros, e cunha dificultade baixa, terá a súa saída ás 10 hrs, desde a Casa-Museo, e a súa chegada ao mesmo lugar contra as 12.30.

O regato do Cepelo, A Barciela, as beiras do Miño, o Campo de Santa Isabel…serán algúns dos lugares polos que pasarán as persoas que participen no roteiro, en que se intercalarán explicacións do patrimonio natural e cultural do lugar coa lectura dalgúns  poemas e textos de Manuel María. Outeiro de Rei, cos seus distintos espazos e persoeiros, significou para Manuel María non só o inicio vital, senón tamén as primeiras descubertas e ensoñares para a súa creación literaria.

A actividade é gratuíta e cómpre inscribirse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

12 + nueve =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.