Campaña de recollida xoguetes Cruz Vernella e @BasketXiria

A ESCOLA BASKET XIRIA continúa recoñecendo e agradecendo a labor das entidades sociais da nosa contorna. Mañá sábado 30 de novembro, no descanso do partido na casa do Calvo Basket Xiria contra o líder Aquimisa Carbajosa de Salamanca (sábado 30.11.1, no Pavillón Vila de Noia ás 17,30h), convidamos a Asociación Un Paso Máis de Carballo, acudindo na súa representación Manuel Cantelar (presidente) e Benilde Rama (directiva), así como algún rapaces que participan na entidade. No descanso do partido faremos un breve acto e entrega de recordos a esta entidade  que neste mes de novembro, celebran o “V Aniversario” do seu nacemento e coa que a EB XIRIA xa realizou colaboracións en diversas actividades.

Asociación Un Paso Máis “Deporte Para Todos” é unha entidade adicada a fomentar a inclusión da poboación infanto-xuvenil con diversidade funcional de Carballo e arrededores. Promoven a plena inclusión das persoas con diversidade funcional a través de  actividades deportivas, culturais e de lecer. Ofrecen actividades regulares dentro do período lectivo en horario extraescolar, tales como baloncesto, fútbol, goalball, equitación, natación e pádelrescatando a esencia do deporte, enfocándoo cara o disfrute e desenrolo de habilidades sociais por encima da competición e entendendo que todos podemos alcanzar calquera obxectivo sempre que contemos cos apoios axeitados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diecisiete − 6 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.