O Concello e o CEIP Eduardo Cela Vila acordan o préstamo dos libros da biblioteca escolar aos veciños e veciñas de Triacastela

O Concello de Triacastela e o CEIP Eduardo Cela Vila acordaron un sistema de préstamo de libros da biblioteca escolar do que se poderán beneficiar todos os veciños e veciñas interesados.

A biblioteca do centro estará aberta os martes en horario de 10:40 a 13:00 horas para quen queira achegarse. Aquelas persoas que prefiran ir en horario de tarde poderán concertar unha cita previa chamando ao número do CEIP Eduardo Cela Vila no 982 82 82 98.

Os usuarios da biblioteca poden consultar os volumes no propio centro e levalos para as súas casas baixo un sistema de préstamo gratuíto. Poderán acceder a todo o material do que se dispón e tamén facer uso dos ordenadores da biblioteca con só cubrir unha ficha de usuario ou usuaria.

Abundante material

A biblioteca do centro dispón de abundante material, tanto volumes infantís, como obras especializadas e de estudo, enciclopedias e numerosas referencias literarias, tanto en lingua galega como castelá, así como de autores galegos e de fóra da Comunidade.

A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, anima aos veciños e veciñas a facer uso deste servizo que lles vai permitir acceder de maneira gratuíta a numerosas referencias bibliográficas, tanto para as persoas que se estean formando, como para aquelas que só busquen ocupar parte do seu tempo de lecer.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diecisiete − once =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.