O Derbi Xenuino

Os equipos Genuine de RC Deportivo e CD Lugo vivirán este domingo unha xornada de convivencia que se presume apaixonante

Os equipos Genuine de Real Club Deportivo e Club Deportivo Lugo vivirán este domingo unha xornada de convivencia que se presume apaixonante.

Co gallo do partido da Liga SmartBank entre CD Lugo e Depor que se disputará este domingo as 18:00 no Estadio Anxo Carro, ambas entidades organizaron un programa de actividades paralelo para os seus equipos Genuine.

A xornada comezará as 13:00 no Campo Municipal de A Cheda onde se disputarán dous partidos simultáneos de fútbol8 entre ambos equipos. Ao estar ambos conxuntos formados por máis de trinta xogadores acordouse a disputa de dous partidos para todos os xogadores poidan participar.

A continuación ambos equipos disfrutarán dunha comida conxunta nas instalacións do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, como paso previo a acceder ao Estadio Anxo Carro onde poderán presenciar o partido e animar aos seus equipos na mesma zona, amosando o respeto e a cordialidade que caracteriza aos equipos Genuine.

O prato forte da xornada chegará cando os once iniciais de albivermellos e branquiazuis salte ao terreo de xogo do Anxo Carro, xa que once integrantes de cada equipo Genuine acompañarán aos profesionais dende o túnel de vestiarios.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres + 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.