Opositores aos proxectos mineiros de Touro ( A Coruña) e Terra Cha (Lugo) suman esforzos nas súas reivindicacións

Según puido saber este xornal, hoxe luns partíu para Bruxelas unha comisión integrada por membros destas dúas zonas afectadas polas actividades extractivas  dos correspondentes proxectos mineiros, os que están a provocar unha importante resistencia social da veciñanza dende fai varios anos.

O obxectivo desta comisión é o de denunciar ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo a vulneración  dos valores que ambos proxectos supoñen para as zonas afectadas, tanto a nivel medioambiental, augas, territorio, impacto económico e social, interesando de dito organismo a apertura dunha comisión que investigue as irregularidades que se están a cometer a cotío por parte do Goberno galego, incluso valéndose  da súa maioría no Parlamento autonómico, que foi quen de aprobar unha Lei do  Solo claramente favorable a este tipo de proxectos, vulnerando as distintas lexislacións rectoras, tamén a europea,  que informan sobre a protección do medio ambiente, poñendo en perigo o noso propio ecosistema, así o manifestaron  algunhas fontes de afectados consultadas por este medio.

21 NOTICIAS  está a facer un seguimento da evolución e problemática que están a causar varios proxectos mineiros en Galicia, prestando gran atención ao seu desenvolvemento lexislativo en materia de protección do solo, claramente contraditorio con moitos aspectos da lexislación sectorial, incluso da propia lexislación básica, feito que resulta cando menos sorprendente.

Un bo exemplo delo é o feito de que na Terra Cha, ao abeiro da Lei do Solo de Galicia que rexe ata o 2016, a Xunta a través da Consellería correspondente denega a preceptiva Autorización Autonómica aos proxectos de explotación para os que agora Erimsa solicita  licenza ou  comunicación previa, por  consideralos  incompatibles cos valores dos solos afectados pola devandita actividade, feito polo que os concellos denegan as correspondentes licenzas  de explotación naquel intre.

Partindo do axioma de que os valores concurrentes nun determinado solo non desaparecen polo só feito de que cambie a normativa que os protexe, a non ser que se renuncie a tal protección, feito que semella acontecer  nos solos da Terra Cha, dos que estamos a falar, motivo do que terá que dar contas o Goberno galego, de non facelo, moito me temo que o conflicto está servido.

Non me cabe dúbida de que o señor Feijóo, con independencia de cal sexa o acollemento das demandas trasladadas por esta comisión ao Parlamento Europeo, non vai ter nada doado explicarlles de xeito convincente ás veciñas e veciños da Terra Cha, de Touro e tamén doutros lugares esta repentina mudanza de criterio nun asunto en  que os ventos sopran de xeito contrario.

Agardámoslle éxito a esta comisión e que algún eurodiputado se decate que Touro e a Terra Cha son pobos de Galicia, que se comprometan a achegarse ata estes lugares, falar coas súas xentes, as que sen dúbida lles van transmitir as razóns máis convincentes que son as que saen do sentido común, aquelas das que os nosos políticos semella que non andan nada sobrados

  Estaremos ao tanto!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 + 13 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.