@ManuelBaltar e Marisol Nóvoa (@CEO_Ourense) asinaron un convenio de colaboración entre ámbalas dúas entidades para o desenvolvemento do proxecto ExportOU

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a presidenta da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), Marisol Nóvoa, asinaron no Pazo Provincial o convenio de colaboración entre ámbalas dúas entidades para o desenvolvemento do proxecto ExportOU para a implantación do plan de aceleración e reforzo intelixente para a internacionalización das empresas ourensás.

Esta alianza de colaboración que existe entre a Deputación de Ourense e a CEO permite a posta en funcionamento de iniciativas como o Proxecto ExportOU co que se persegue un dobre obxectivo: “continuar a impulsar a presenza internacional das empresas ourensás e mellorar a súa competitividade, e contribuír a estimular a economía da provincia e a xeración de emprego”, sinalou o presidente do goberno provincial.

O Plan para a internacionalización das empresas de Ourense – ExportOU, suscrito entre a Deputación de Ourense e a CEO durante o ano 2017 e continuado nos anos posteriores, pon a disposición das empresas ourensás un completo servizo de actividades que inclúe programas de acompañamento para aquelas empresas que desexen iniciar un proceso de exportación, ou para aquelas que pretenden mellorar a súa identidade dixital e posicionamento no exterior.

Ademais destes programas, o Plan ExportOU propón, entre outras medidas, eventos internacionais e accións complementarias como seminarios sobre mercados internacionais, entrevistas individuais con expertos e prescriptores internacionais, accións formativas e informativas que se desenvolvan en interacción coas novas tecnoloxías e con dinámicas centradas nos casos das propias empresas asistentes, accións promocionais no destino e orixe, e a organización de eventos internacionais.

Paralelamente, a Oficina virtual de apoio á internacionalización levará a cabo varias medidas como: o mantemento e melloras técnicas da plataforma ExportOU, realización dun novo deseño e imaxe (actualmente xa se atopa en proceso de renovación) na sección “Made in Ourense”, impulso á sección de Feiras Virtuais e unha campaña de marketing online e offline.

Finalmente, ofrecerase un novo programa avanzado de reforzo exportador no que se atopa o Servizo de Intelixencia Competitiva (SIC), un servizo de información de alto valor que cubra as necesidades e demandas das empresas ourensás, e as Feiras Virtuais que son unha ferramenta operativa de soporte para a organización de encontros empresariais tradicionais, achegando unha solución efectiva á hora de organizar encontros empresariais e misións inversas.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.