O Presidente participa na Feira do Capón de Vilalba resaltando o apoio da @depulugo ao sector primario

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, xunto ao Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou este domingo na Feira do Capón de Vilalba, onde resaltou o apoio da Deputación ao sector primario. A institución provincial colabora con esta cita cunha axuda económica de 3.000€ co obxectivo de poñer en valor este “produto estrela que é o protagonista de tantas ceas de Noiteboa e comidas de Nadal”, subliñou o Presidente.

O Capón de Vilalba é un produto moi valorado nestas datas. Ademais de ser coñecido en todo o país pola súa calidade, conta coa Indicación Xeográfica Protexida. A Asociación de Criadores de Capón ten censados este ano máis de medio centenar de produtores que se encargaron da crianza de arredor de 1.600 exemplares, dos que unha boa parte se puxeron á venda na carpa da emblemática feira.

Gravación en 4K

Un equipo do Servizo de Audiovisuais da Deputación gravou en formato 4K a Feira do Capón de Vilalba, que este ano presentou varias novidades, entre outras, un showcooking e degustacións gratuítas. Este traballo do SdeA ten dous obxectivos: por unha banda, contribuír á difusión das actividades organizadas polos concellos da provincia, neste caso o de Vilalba e, por outra, continuar co plan de mellora do arquivo dixital da Deputación.

O SdeA elaborará unha ampla reportaxe, para a súa difusión a través das redes sociais, sobre esta tradicional cita, tan vinculada co Nadal. Para isto graváronse imaxes desde primeira hora, incluídos os preparativos previos á apertura do recinto feiral, así como a venda dos capóns, a entrega de premios, o showcooking,  o foodtrack e os postos con outros produtos típicos da zona, como o mel e o queixo de San Simón, a xenebra rosa, o pan local ou o roscón. Ademais, o evento gravouse en 4K, un formato que se caracteriza por proporcionar unha maior definición e nitidez da imaxe.

Estre as funcións do Servizo de Audiovisuais da Deputación está a cooperación con todos os concellos da provincia para contribuír á difusión das actividades que organizan directamente ou que patrocinan. Ademais, a través dos produtos elaborados polo SdeA, apóiase á economía local e a promoción da provincia e do seu patrimonio material e inmaterial.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos + dieciseis =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.