Os socialistas da @depulugo reclamarán á Xunta dotar ao Hula dun servizo da garda de Neurocirurxía de 24 horas.

Nesta mesma proposta tamén solicitan que se creee unha unidade de ictus no HULA, e ao mesmo tempo que se tomen as medidas oportunas para desenvolver por completo o programa Código Ictus no conxunto do territorio galego.

Na inicitiva rexistrada explican que “nesta última década de goberno do Partido Popular, tanto Galicia como a provincia de Lugo sufriron as consecuencias das malas políticas sanitarias desenvolvidas pola Xunta. Nun claro desprezo cara os servizos públicos asistimos a exemplos extremos de precarización, con persoal sanitario que chega a firmar máis de 200 microcontratos ó ano”.

Os socialistas argumentan que “estas malas políticas afectaron tamén os grandes hospitais, nos que nesta década tívose convertido en costume o colapso dos servizos de urxencias, debido á mala planificación do sistema. No que fai referencia ao principal centro hospitalario de Lugo, a década puxo de relevo unha situación case que permanente de infradotación de servizos, que non deixaron de ser reclamados polos/as profesionais ou por veciños/as e entidades agrupadas na plataforma en defensa da sanidade pública”.

Asi as cousas lembran que “dende o ano 2012, veciños/as e profesionais médicos venen reclamando a creación dunha unidade de ictus no Hula. Unha unidade que permita atender a pacientes con enfermidade cerebrovascular aguda. Estas unidades teñen unha importancia como centro de recepción de pacientes derivados desde las urxencias extrahospitalarias ou doutros hospitais”.

800 casos anualmente en Lugo

Os estudos médicos teñen mostrado que as unidades de ictus melloran as cifras de mortalidade, melloran o proceso de recuperación e diminúen a dependencia dos e das pacientes. É, ademáis, unha medida custo-efectiva, xa que diminúe o tempo de estancia media dos e das pacientes.

Compre recordar que na provincia de Lugo sofren anualmente un ictus unhas 800 persoas, dos máis de 100.000 casos que se rexistran en España. O ictus é aprimeira causa de morte nas mulleres, e primeira causa de incapacidade en adultos, e estímase que aínda que a súa mortalidade vaise reducindo, a súa incidencia aumentará nun 27% no próximo cuarto de século.

Lugo e Ourense carecen deste servizo

Apesares destas cifras, e das reclamacións repetidas ó longo dos anos, temos chegado ata hoxe sen resposta por parte das autoridades sanitarias da Xunta. Lugo e Ourense son hoxe as dúas provincias que carecen deste tipo de servizo nos seus principáis centros hospitalarios. No caso de Lugo, cumpre lembrar que o Hula non dispon sequera dun neurociruxano de garda as 24 horas. Ca ironía engadida de que este centro está incluido, como todos os do Sergas, no programa Código Ictus, que busca unha atención temprana e especializada neste tipo de doenza. Por todo o exposto, o Grupo Provincial Socialista quere amosar o seu apoio as reivindicacións dos colectivos veciñais e profesionais que defenden a sanidade pública, a través desta proposta.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

19 − cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.