A Deputación de Lugo apoia a consideración de Ben Mundial para a Ribeira Sacra

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este xoves en San Marcos co presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez González, un convenio de colaboración da institución provincial co colectivo para impulsar a promoción vitivinícola do sur da provincia e tratar de reunir máis apoios en torno á candidatura da zona como Patrimonio da Humanidade. En concreto, a achega, de 6.000€, contribúe a financiar os gastos derivados da celebración da asemblea xeral da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), que tivo lugar en Monforte de Lemos.

Grazas a este evento apoiado pola Deputación, a Ribeira Sacra converteuse, durante catro días, na capital do viño. A cita contou cunha representación do 98% da produción nacional dos caldos con denominación de orixe. Os asistentes tiveron a ocasión de viaxar en catamarán, realizar un tramo do Camiño de Inverno en Belesar, comer en diferentes bodegas e cenar no Parador de Santo Estevo; aproveitando o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra para reunir máis apoios á candidatura da zona a Patrimonio da Humanidade.

A Deputación impulsou no ano 2011 o movemento social e institucional en apoio da declaración da Ribeira Sacra como Ben Mundial pola UNESCO, unha acción á que logo se sumaron outras institucións, como a Deputación de Ourense ou a Xunta de Galicia. Dende entón, traballa coa mesma intensidade apoiando toda iniciativa encamiñada a culminar esta aspiración.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.