A Policía Local abre dilixencias contra un mozo que cometeu un delito contra a seguridade viaria na noite de Fin de Ano

O individuo, un varón de 23 anos e de iniciais A.O.D., pasará a disposición xudicial despois de queimar roda nun tramo de Jaime Janer e deixar desperfectos na calzada.

A Policía Local de Marín citou onte, día 13 de xaneiro, en Comisaría a un mozo de 23 anos, veciño da vila e que responde ás iniciais de A.O.D., ao que acusan de cometer un delito contra a seguridade viaria por condución temeraria.

O suceso polo que se lle imputa o delito tivo lugar na noite de Fin de Ano, entre as 02.00 e as 04.00 horas, cando o rapaz estivo queimando roda e realizando diversas manobras co vehículo que conducía, concretamente un BMW gris, na céntrica rúa de Jaime Janer.

A súa actuación foi gravada por un dos amigos que o acompañaban durante a noite -e que se atopaban no medio da calzada namentres el realizaba as manobras-. A gravación subiuse tamén ás redes sociais, especificamente a un perfil de Instagram, o que facilitou a labor dos axentes do corpo de seguridade local para identificar ao infractor. A rúa Jaime Janer amenceu con estragos na calzada debido ao roce das rodas.

A Policía Local citouno a pasada semana para que comparecese onte en Comisaría, onde se presentou xunto cunha avogada. Foi nese instante no que se lle comunicou que está imputado por un delito contra a seguridade viaria por condución temeraria, con perigo para as persoas.

O próximo 20 de xaneiro A.O.D. terá que afrontar un xuízo rápido no Xulgado nº2 de Marín. A imputación do delito pode supoñer unha condena de entre 6 meses e 2 anos de prisión, ademais da privación do permiso de condución de 1 a 6 anos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 + diecisiete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.