Amigable Bergantiños-Selección Galega de Afeccionados

O Bergantiños enfrontarase á Selección Galega de Afeccionados no partido de preparación que o combinado galego disputará antes de xogarse contra Euskadi o pase á Fase Final da Copa das Rexións UEFA. As Eiroas será a sede do amigable, o mércoles, 22 xaneiro, ás 19 horas.

A selección galega buscará o billete á Fase Final da Copa das Rexións UEFA o 12 de febreiro ás 10.30 horas ante o País Vasco na eliminatoria a partido único que se disputará na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid).

O seleccionador galego Iván Cancela dará a coñecer a convocatoria definitiva despois do adestramento do próximo martes 4 de febreiro. Na primeira fase e en convocatorias anteriores, o Cancela contou sempre con Aarón e Iago López, fixos no once, e con Diego, tamén importante no equipo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno × dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.