Comezaron as labores de limpeza na praia de Loira para retirar a area da calzada

Os traballos foron realizados durante esta mañá e conlevaron a creación dun pequeno foso no que se depositará a area que se vaia desprazando nos próximos meses

A praia de Loira foi obxecto durante o día de hoxe dunha importante limpeza na súa contorna, unha actuación necesaria debido á gran cantidade de area acumulada na beirarrúa anexa ao areal e á calzada, co perigo que iso supón para viandantes e conductores.

Segundo explicou o Concello esta mañá, os traballos consistiron non só na retirada da area sobrante, movida polos fortes ventos destes últimos meses, senón tamén na creación dun pequeno foso ao inicio do areal, para que a area que poida moverse nos próximos meses se acumule de maneira paulatina nesa zona, evitando así que sobrepase o pequeno muro que separa a praia da beirarrúa.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos × dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.