@ConcellodeMarin. Proxectado un novo acceso peonil ao cemiterio municipal de A Raña

O Concello de Marín anunciou esta mañá un novo proxecto de mellora da mobilidade na contorna do Cemiterio Municipal da Raña. Trátase, segundo explicaron fontes municipais, da creación dun novo acceso peonil no extremo norte do muro do peche leste do camposanto, que linda cun camiño sen nome que parte da Rúa Inferniño e que bordea o lugar polo leste en sentido Recamán.

Esta actuación, moi demandada polos veciños en diversas ocasións, creará un acceso novo ao camposanto para evitar que aqueles que veñan de zonas como A Cañota, A Laxe ou Inferniño teñan que atraversar un viario estreito e sen beirarrúas e que ademais ten dobre sentido de circulación.

Xunto ca senda peonil crearase unha escaleira que salve o desnivel entre o camiño exterior e a rasante do interior do cemiterio.

Estas obras terán un custe global de 40.801,07 euros. A Xunta de Goberno local aprobou onte solicitarlle á Deputación de Pontevedra o aproveitamento dunha baixa xerada do Plan Concellos 2018-2019 e reinvestila neste proxecto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cuatro × 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.