Falece un home despois de recibir un disparo durante unha xornada de caza en San Xoán de Río

Un home perdeu a vida na tarde do domiingo despois de sufrir un accidente de caza na parroquia de Vilardá, no concello ourensán de San Xoán de Río. De momento, descoñécense as causas do accidente

Todo ocorreu pasados uns minutos das 15:00 horas de onte domingo, nas proximidades da estrada que une Castro Caldelas e o Alto da Moá, tal e como indicou a persoa que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda urxente para o cazador. Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ao helicóptero medicalizado, pero nada puideron facer por salvar a vida do home.

Pola súa parte, os autoridades policiais e xudiciais deberán aclarar as circunstancias nas que se produciu o falecemento.

Compre indicar que neste operativo participaron ademais, os axentes da Garda Civil, os membros do GES de Castro Caldelas e os voluntarios de Protección Civil da localidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

trece − siete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.