Máis de 100 estudantes participan mañá na I Xornada de Enxeñaría Universidade – Empresa

A Escola Politécnica Superior, no Campus de Ferrol, acolle mañá, venres 31 de xaneiro, de 09:00 a 15:00 horas, a I Xornada de Enxeñaría Universidade – Empresa, un evento no que participarán máis de 100 estudantes dos últimos cursos dos graos e mestrados que se imparten na propia EPS e mais da Escola Universitaria Politécnica, en Serantes.

Ás 09:00 horas dará comezo o curso “Probas de selección das empresas e recursos para prácticas e emprego” impartido por Pilar Feal Rodríguez, de Orientación Laboral da Universidade da Coruña. Dado que as prazas para participar nesta formación eran limitadas, o resto do estudantado inscrito asistirá ou ben ao obradoiro “Prácticas Externas na EPS – Procedemento”, impartido polo responsable de Prácticas Externas da EPS, Vicente Díaz Casás, ou ao obradoiro “Programa de prácticas FUAC”, impartido por Rosa Villar Mouro, da Área de Emprego da Fundación Universidade da Coruña.

A partir das 10:00 horas, o alumnado poderá visitar os postos das once empresas que participan nesta xornada. Algunhas delas amosaranlles os proxectos nos que están a traballar e outras realizarán entrevistas e recollerán currículos. Participan nesta primeira edición a empresa de desenvolvemento, fabricación, venta e mantemento de tecnoloxía eólica Vestas, CT- Ingenieros, QuEST Global, Accenture, Grupo Intaf, Osmos Sistemas Eléctricos, Dielectro Industrial, Fridama, Gabadi, Texas Controls e MMYPEM.

Pola súa banda, o responsable de Selección, Xestión do Talento e Liderado de Navantia – Ría de Ferrol, Rafael Dopico Corral, reunirase co alumnado de intercambio e de Erasmus inscrito na xornada para expoñerlle a posibilidade de realizaren prácticas na empresa mentres estuden no Campus de Ferrol.

Está previsto que ás 13:40 horas teña lugar a mesa redonda “Retos actuais e futuro no perfil do enxeñeiro/a” moderada polo director da EPS, Armando Yáñez Casal. Intervirán a subdirectora da Escola Universitaria Politécnica (EUP), Isabel Fernández Ibáñez, o apoderado do Grupo Intaf, Nonito Aneiros García, o Management Consulting de Accenture, Juan Carlos Landero, e o director da Unidade Mixta de Investigación da UDC “Estaleiro do Futuro”, Rafael Suárez Pérez. Ao seu remate, ás 15:00 horas, a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, clausurará as xornadas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

5 × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.