Ourense aprobará a “ordenanza do botellón” que regulará o consumo de alcohol

A concelleira de Política Social, Igualdade e Saúde, Eugenia Díaz Abella, reuniu de novo os grupos políticos e o presidente da Federación de AAVV Limiar para compilar as achegas ao texto da Ordenanza Reguladora da Convivencia Cívica e a Protección da Saúde derivada do consumo, venda e publicidade do alcohol, a “ordenanza do botellón”.

“Seguimos traballando con intensidade, partindo dun traballo realizado no anterior mandato, onde o fundamental é enriquecer o texto co maior consenso posible, para lograr unha ordenanza que sexa práctica, viable e que contribúa a regular un problema de convivencia cívica e de saúde”, sinala a concelleira. “Agora analizaremos as achegas planeadas e volverémonos a reunir o vindeiro día 23 para continuar avanzando”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno − 1 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.