Vista Alegre agarda a estrea das Guerreiras en 2020, con un Móstoles en racha

As Guerreiras abrirán os compromisos ligueiros de Vista Alegre en 2020, coa xornada 17 e a visita do Móstoles FSF. As madrileñas saltarán ao parqué laranxa este sábado, ás 18.30 horas, na sexta praza (28 puntos) para plantar cara, aproveitando a súa boa racha, ao Pescados Rubén Burela FS

“Creo que fixemos un partido moi completo, tanto en ataque coma en defensa, sobre todo na segunda parte. Saímos moi contentas, tanto polo resultado coma polo xogo”, así valoraba Lara Balseiro o regreso á liga a semana pasada en Poio (3-5), cun triunfo que dá pulo ao inicio do ano e da segunda volta, e recoñecendo o seu equilibrio persoal co equipo: “Eu tamén me atopo ben, estou intentando axudar en todo o que podo e espero seguir así ata final de tempada” puntualizaba a viveirense, con contribución goleadora no derbi irmandiño.

Na ida os tres puntos subiron á cuadrícula das Guerreiras, con 1-4. Nesta ocasión, as mariñás pelexarán por aferrarse á vantaxe da segunda praza (43 puntos) fronte a un rival que vén de impoñerse con solvencia ao Zaragoza (6-1) e que só coñece a vitoria dende a xornada 11.

“O Móstoles sempre é un rival complicado ao que lle gusta ter a pelota. Virá para plantar cara e así o esperamos, un partido difícil. Ten individualidades de altísimo nivel, como Patri Chamorro, con gran calidade de pase” advertía a 10 burelista, facendo referencia á semana atípica para o cadro mariñán: “Está sendo unha semana rara; temos ausencias de internacionais e tamén temos compañeiras con molestias. Non estamos adestrando como nos gustaría”, explicaba Lara, facendo referencia aos problemas de nocello que arrastran Bea Mateos e Cristina.

O último adestramento está previsto para mañá pola mañá, ás 9.45 horas, en Vista Alegre, sesión na que se dubida da participación de Peque, que regresa dos compromisos coa selección cunha escordadura de nocello.

As tres internacionais chegarán esta tarde-noite á Mariña, despois do dobre duelo de burelistas entre entre España e Portugal desta semana en Vila Real. Peque e Jenny Lores impuxéronse 1-4 coa Vermella o martes, no entanto onte foi Jenny Rodrigues a que saíu vitoriosa co combinado luso, 5-1.

Venta anticipada en Vista Alegre para a visita do Movistar. Os soci@s serán os primeiros en poder adquirir a súa entrada para o vindeiro Día do Club, para a visita do Movistar Inter FS o sábado 25. Coincidindo co partido fronte ao Móstoles, este sábado, @s abonad@s poderán pasar por taquilla. Entre o luns, día 20, e o venres 24, a venda habilitarase para todo o público, na oficina laranxa e a través de ligazón online.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.