13.560 quilos de aceite recollidos durante 2019 en Carballo para evitar a contaminación de 15 millóns de litros de auga

O Concello de Carballo continuará potenciando a recollida selectiva dun residuo tan contaminante mediante a instalación de seis novos colectores

Dende a instalación dos novos colectores de aceite, en agosto do 2018, o Concello de Carballo está a recoller unha media de 1.130 quilos ao mes. O ano pasado, segundo os datos que facilitou o xestor autorizado que presta o servizo, a veciñanza do concello depositou nos colectores específicos un total de 13.560 quilos de aceite de cociña usado, o que permitiu evitar a contaminación de 14.916.000 litros de auga.

Nestes momentos hai 22 puntos de recollida, a maior parte distribuídos polos distintos barrios do casco urbano. Pero a experiencia piloto iniciada en Razo, Pedra do Sal e Berdillo tamén se estende polas parroquias a petición da veciñanza, e nestes momentos tamén hai contedores en Ardaña e Sísamo. Nos vindeiros días está prevista a ampliación do servizo con seis novos colectores.

Unha das vantaxes deste novo sistema é que os colectores están situados na vía pública, o que permite que poidan ser utilizados os 365 días do ano e as 24 horas do día. A recollida nos novos colectores vai dirixida aos fogares. As familias deben depositar o aceite de cociña usado en botellas de plástico reutilizadas e pechadas.

Para facilitar o depósito, desde o Concello de Carballo ofreden á veciñanza funís adaptables ás botellas que poden solicitarse, de balde e ata fin de existencias, na Casa do Concello (departamento de Medio Ambiente).

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

doce + 16 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.