A alcaldesa e un concelleiro de Barreiros visitaron Carballo para interesarse polo funcionamento da área de Servizos

Tras unha xuntanza con Evencio Ferrero e Luis Lamas achegáronse a distintas instalacións municipais    

Carballo é un concello modélico na prestación de servizos, como demostran as continuas visitas que estamos a recibir por parte de distintas corporacións galegas para coñecer de preto o funcionamento do noso concello en diferentes áreas, pero moi especialmente todos aqueles aspectos que teñen que ver coa xestión medioambiental, na que somos unha referencia a nivel autonómico.

A Cedeira, Ponteareas ou Tomiño sumouse este mércores o Concello de Barreiros, na provincia de Lugo, representado pola súa alcaldesa, Ana Belén Ermida Igrexas, e o concelleiro de Medio Ambiente e Rural, Dámaso Ratoeira Basanta. O principal obxectivo da visita foi coñecer diferentes actuacións da área de Servizos, e moi especialmente todas as relacionadas coa xestión dos residuos sólidos urbanos e a inminente posta en marcha da recollida selectiva dos residuos orgánicos en toda a zona urbana.

Tras unha xuntanza de traballo na Alcaldía, Evencio Ferrero e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, acompañaron aos representantes do Concello de Barreiros nun pequeno percorrido por distintos departamentos e instalacións municipais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

10 − 6 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.