A Fundación EDP concede tres bolsas a estudantes de Ponteceso por un total de 3.500 euros

Tres estudantes do Concello de Ponteceso benefícianse este curso das bolsas de estudos convocadas pola Fundación EDP, pertencente á empresa de enerxía eólica EDP Renováveis

O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, foi o encargado de facer entrega a Blanca Vidente Vidal, Carlota Rodríguez Bugallo e Ana Villar Pailos dos cheques por importe de 500 euros (primaria), 1.000 (bacharelato) e 2.000 euros (estudos universitarios) que lles foron outorgados tras unha minuciosa selección entre todas as candidaturas presentadas.

Esta iniciativa, enmarcada no proxecto Green Education, consiste na dotación de bolsas de estudo para escolares que conten con boas cualificacións académicas e pertenzan a familias con baixos recursos económicos, residentes nos municipios nos que a compañía estea presente, como é o caso de Ponteceso.

O programa, que conta coa colaboración do Concello de Ponteceso a través do Departamento de Educación Familiar, contempla a concesión, como mínimo, dunha bolsa por cada ciclo educativo.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

12 − doce =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.