A Real Academia Galega presenta o martes que vén a Primavera das Letras de Ricardo Carballo Calero en Ferrol

A Real Academia Galega presentará o vindeiro martes 11 de febreiro o proxecto web Primavera das Letras dedicado a Ricardo Carballo Calero no CEIP Cruceiro de Canido de Ferrol. Da man da comunidade escolar deste centro, a institución renderalle así unha primeira homenaxe na súa localidade natal ao escritor e filólogo, a quen lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Primavera das Letras fornece os nenos e nenas de infantil e primaria de material lúdico e didáctico arredor da figura homenaxeada cada 17 de maio. Todos os recursos son de acceso libre a través da web primaveradasletras.gal. A web naceu en 2016 con Manuel María como protagonista e dende entón aborda de forma amena distintos eidos do currículo escolar a través do universo vital e intelectual da persoa á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. As propostas inclúen tanto actividades interactivas como fichas descargables para xogar e aprender sen necesidade de conexión a Internet. O proxecto complétase co concurso escolar Contádenos o voso Día das Letras.

A presentación da nova edición de Primavera das Letras terá lugar o 11 de febreiro no salón de actos do CEIP Cruceiro de Canido a partir das 11:00 horas. A directora do centro, Concepción Requejo, conducirá  a celebración, na que intervirán por parte da RAG o seu presidente, Víctor F. Freixanes, e a académica Fina Casalderrey. Os nenos e nenas do colexio serán os protagonistas e porán en escena unha representación teatralizada baseada na vida e na obra de Ricardo Carballo Calero.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

trece − cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.