A Universidade da Coruña celebra cos Museos Científicos Coruñeses o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia este sábado na Domus

A Unidade de Divulgación Científica, en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses, celebra o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia coa actividade “Atrévete a pescudar con elas!”, mañá, sábado, 15 de febreiro ás 12:00 horas no Salón de Actos da DOMUS

Trátase de compartir espazo con catro investigadoras da universidade para dar a coñecer dun xeito sinxelo e próximo a súa traxectoria científica e vital, ademais dos seus logros profesionais, xunto con anécdotas, co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica entre o público presente.

As investigadoras participantes son estas:

  • María Carreiro Otero, investigadora do Grupo de Arquitectura e Urbanismo Sostible (GAUS).
  • Carmen de Labra Pinedo, investigadora do grupo Neurociencia e Control Motor (NEUROCom).
  • Teresa López, investigadora do grupo Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA).
  • Vanessa Valdiglesias García, investigadora do programa Beatriz Galindo e do grupo Diagnóstico Condutual e Molecular Aplicado á Saúde (DICOMOSA).

O aforo é limitado e a entrada de balde.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 × dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.