Antas de Ulla apunta a Ben de Interese Cultural

O luns 24 de febreiro o Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) solicitou á Xunta de Galicia a declaración do Centro Xeográfico de Galicia como Ben de Interese Cultural (BIC), e ao Concello de Antas de Ulla e á Deputación de Lugo a súa intervención neste enclave

Foi o Instituto Geográfico Nacional (IGN) do Ministerio de Fomento quen emitiu, o 22 de novembro de 2019 e a instancia do Instituto de Estudos Ulloáns, o informe oficial da localización definitiva do Centro Xeográfico de Galicia, que situou na aldea de Nugallás, parroquia de San Fiz de Amarante, concello de Antas de Ulla.

Posteriormente, o 19 de decembro de 2019, o IEU deu a coñecer aos medios o citado informe do IGN nunha rolda de prensa convocada no local da Asociación da Prensa de Lugo. E no mes de febreiro de 2020, o Instituto de Estudos Ulloáns elaboroumun informe sobre a protección e adquisición da parcela na que se sitúa o Centro Xeográfico de Galicia, que foi enviada ás Administracións local, provincial e autonómica e na que se solicita a súa declaración como BIC.

Unha vez acadado o obxectivo de localización e promoción do Centro Xeográfico de Galicia, o IEU iniciará unha campaña de divulgación nos centros educativos de toda Galicia.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres × uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.