Chamamento para encher o Anxo Carro

As entradas para o encontro que enfrontará o vindeiro domingo 9 a CD Lugo e Elche CF xa están á venda

Dada a trascendental importancia do partido, dende o Club quere promoverse a asistencia da afección albivermella. Con ese motivo, por un lado, poñerá en marcha unha promoción exclusiva para abonados e, por outro lado, baixará os prezos das entradas.

Os abonados terán a posibilidade de adquirir un pack de dúas entradas por 5€ para calquera zona do estadio. Para acceder a esta promoción deberán presentar o seu carné de abonado nas Oficinas do Estadio, na Tenda Oficial CDLU Store ou nos portelos do Estadio Anxo Carro o mesmo día de partido.

Pola súa parte, os prezos das entradas para o público xeral son os seguintes:

  • PREFERENCIA/TRIBUNA: adulto 15€
  • FONDOS: adulto 10€
  • GENERAL: adulto 5€
  • NENOS (en calquera zona): 3€

Poderán adquirirse tanto no Anxo Carro (nas oficinas e nos portelos o día de partido) como na CDLUStore e a través da plataforma online. Os horarios serán os habituais:

  • Oficinas Anxo Carro: Luns a Venres de 09:30 a 13.45 e de 16.30 a 20:00 h
  • CDLUStore: Luns a Venres de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h
  • Portelos Estadio Anxo Carro: Domingo 9 dende as 16:15

 

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

once − 11 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.