Comezan as obras no barrio de Pedreira en Arbo

A Consellería do Medio Rural e o Concello de Arbo asinaban un convenio en outubro de 2019 para  a pavimentación dos camiños de acceso a Merelle. As obras son subvencionadas o 100% pola Consellería, que tamén se encargou da contratación da mesma

Miguel Ángel Pérez Dubois, actuando en nome e representación da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, na súa calidade de director xeral de Desenvolvemento Rural e Horacio Gil,  actuando en nome e representación do Concello de Arbo na súa calidade de Alcalde-Presidente, asinaban o día 8 de outubro un convenio de colaboración para a obra de: “Pavimentación do camiño de acceso ao lugar de Merelle – Cabeiras”

Estas melloras teñen como obxetivo mellorar a movilidade, accesibilidade e seguridade da vía pública no barrio de Merelle na parroquia de Cabeiras, ampliando e pavimentando o vial xa existente.

As melloras dos viais municipais, edificios públicos, parques e xardín, entre outros, forman parte da línea de traballo de este goberno dende a súa chegada o Concello, informa o alcalde Horacio Gil “unhas actuacións municipais que pretenden dar resposta as demandas dos vecinos e veciñas de Arbo”. Este modelo de traballo que se ven desenvolvendo durante o noso mandanto,  fixo posible acometer  máis de 350  obras e melloras a favor dos arbenses, explicou Horacio Gil.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno × 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.