EQUO Galicia prepara as súas primarias

Ante a disolución das cortes do Parlamento de Galicia e o anuncio do adianto de eleccións, que terán lugar o próximo 5 de abril, comezan as primarias de EQUO Galicia de cara a estes comicios.

Este proceso de primarias comeza hoxe, día 13 de febreiro, e rematará o próximo 23 de febreiro. Poderán presentar a súa candidatura tanto simpatizantes verificadas como afiliadas, garantindo a máxima participación, horizontalidade e transparencia no proceso. Desde EQUO Galicia están convencidos de ter moito que aportar aos grandes problemas de Galicia dende a sustentabilidade, sendo capaces de aportar alternativas que nos permitan abordar a crise climática e social con compromiso e valentía, pero sen deixar a ninguén detrás no proceso.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

10 − ocho =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.