II Olimpíada de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos con máis dun centenar de estudantes de Secundaria

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, acolleu onte a II Olimpíada de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos para o alumnado de primeiro e segundo cursos de Secundaria.

Participaron 24 equipos, cun total de 120 estudantes, de 17 centros diferentes. A maioría procedían da provincia da Coruña (Betanzos, Narón, Ferrol, Oleiros, Pontedeume e A Coruña) pero tamén acudiron estudantes de Marín e Pontevedra. Os participantes tiveron que realizar seis probas baseadas en diferentes ámbitos da enxeñaría civil: pontes, loxística, presas, cálculo de estruturas, construción e representación gráfica.

Ao seu remate, quedou en primeiro lugar o equipo Delasot@s do CPS Sagrado Corazón de Jesús, de Pontevedra. En segundo lugar, clasificouse o equipo Bucky-Fuller, deste mesmo centro. En terceiro lugar, o equipo Tecnotrasanqueses, do IES Terra de Trasancos, de Narón.

Os gañadores representarán á Escola de Enxeñaría de Camiños da UDC na fase nacional en Ciudad Real, onde competirán coas escolas de Granada, Ciudad Real, Valencia, Cartagena, Alicante e Burgos.

Ao acto de entrega de premios, asistiu o reitor, Julio Abalde, a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, o director da Escola, Ignasi Colominas, o presidente da Fundación da Enxeñaría Civil de Galicia, Juan Loureda e a voceira do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, Lorena Solana, así como o subdirector da Escola e organizador principal do evento, José París.

Ao remate da Olimpíada, todo o alumnado participante e os seus acompañantes puideron coñecer as instalacións do Centro de Investigación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil, CITEEC.

A Olimpíada contou coa colaboración do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, a Fundación da Enxeñaría Civil de Galicia, a Agrupación Estratéxica A-CITEEC, a UDC e a Xunta.

 

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco − uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.