Intercambio interuniversitario da UDC coa Universidade de Granada

O presidente do Consello Social, Antonio Abril, recibiu aos tres estudantes do diploma en “Formación en Inclusión Social e Laboral de Xente Nova con Discapacidade Intelectual” da Universidad de Granada, que, acompañados por unha das súas docentes, participan esta semana no primeiro intercambio interuniversitario dos programas de formación sociolaboral para persoas con discapacidade cognitiva, que forman parte da rede UniDiversidad. As actividades en que participan combinan as clases na aula, con formación en habilidades para o emprego, xunto con visitas culturais e propostas de ocio, en completa inclusión con outros estudantes da UDC.

Tres estudantes do programa “Espazo Compartido”, xunto con dous docentes do título propio da Universidade da Coruña, estiveron a semana pasada de intercambio na Universidad de Granada, para participar nas clases do diploma correspondente na UGR. Os resultados, segundo explica a coordinadora do título coruñés, Thais Pousada, “superan todas as expectativas, xa que non só están compartindo coñecementos e aprendizaxes durante as clases, senón que tamén están fomentando as relacións sociais, o intercambio cultural e a experiencia vital que marcará a formación en competencias profesionais destes alumnos e alumnas”.

No acto de recepción protagonizado polo Consello Social da UDC, estiveron presentes a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, ademais da coordinadora Thais Pousada, e o xerente da Fundación UDC, Juan José Gómez.

Espazo Compartido é un curso de formación específica de posgrao da Universidade da Coruña de formación en habilidades persoais, sociais e competencias básicas para a empregabilidade e a inclusión laboral de persoas novas con discapacidade cognitiva. Trátase dun proxecto pioneiro no sistema universitario de Galicia e un dos primeiros no ámbito nacional, que forma parte da rede UniDiversidad. Este bienio 2019/2021 acolle á que será a IV promoción do título. Espazo Compartido conta co apoio do Consello Social da Universidade da Coruña, a Fundación ONCE, o Grupo Banco Santander e Fundación Universia.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

19 + catorce =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.