Maite Ferreiro, da Deputación de Lugo, reuniuse cos representantes do comité de empresa de Alcoa

A Vicepresidencia recibiu aos representantes do comité de Alcoa e da Plataforma de Empresas Auxiliares

A Vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, recibiu esta mañá aos representantes do comité de empesa de Alcoa e da Plataforma de Empresas Auxiliares, que se manifestaron en Lugo para reclamar ao goberno do Estado un estatuto electrointensivo que garanta a continuidade do emprego que xera a factoría de San Cibrao.

Maite Ferreiro coincidiu cos traballadores en que o texto presentado o pasado 10 de febreiro non é suficiente para asegurar a estabilidade da actividade das industrias electrointensivas e do mantemento do emprego e avogou por un marco enerxético que facilite que Galicia aproveite a súa condición de país excedentario en produción de enerxía.

Así mesmo, a vicepresidenta comprometeuse a apoiar as demandas dos traballadores nas iniciativas que se debatan na Deputación de Lugo.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

8 − 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.