Marín proxecta a renovación da sinalización turística e xeográfica da vila

O obxectivo desta actuación é o de revisar todas as sinalizacións para respectar a toponimia e para crear un deseño homoxéneo que poida ser identificado con facilidade dentro de todo o termo municipal

A toponimia dunha vila ou dunha cidade é parte do seu patrimonio inmaterial e traballar na súa conservación e no seu correcto uso é unha preocupación para o Goberno local de Marín, que vén de encargar un proxecto de renovación de toda a sinalización do termo municipal para incentivar o uso da toponimia tradicional da localidade e para homoxeneizar a imaxe do Concello baixo un deseño común e harmónico.

Segundo informou esta mañá o Goberno municipal, a empresa Estela será a encargada de revisar toda a sinalización actual, “na que se buscarán aqueles erros toponímicos que poidan existir para emendalos”, declarou a concelleira de Turismo, Cristina Acuña.

Ademais da cuestión lingüística, o obxectivo tamén é homoxeneizar o deseño dos carteis de sinalización do Concello de Marín, para que sexan recoñecidos dentro de todo o termo municipal baixo as mesmas cores e a mesma tipografía.

Segundo indicaron fontes municipais, a sinalización que se renovará será a dos propios lugares, marcando as delimitacións dos mesmos, pero tamén aquela referida aos elementos patrimoniais, turísticos e históricos da vila.

Un Casco Vello con mellores sinalizacións

Dentro desta actuación, tamén está previsto mellorar a sinalización dos elementos patrimoniais e históricos que conforman o casco histórico da vila, como a Igrexa Vella, a Praza da Veiguiña…

“Queremos sinalizar todos aqueles elementos que teñen un interese turístico e arqueolóxico dentro do centro para que a nivel peonil sexa máis sinxelo atopar todos aqueles lugares que poden resultar atractivos para os propios marinenses e para os visitantes”, indican desde a empresa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno + diecinueve =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.