A Coruña. O BNG pregunta ao Goberno local se solicitou á Xunta “a declaración do cárcere como Ben de Interese Cultural”

O Pleno do pasado mes de outubro aprobou unha moción do BNG, co apoio do grupo municipal socialista, en que se instaba o Goberno Local a que demandase da Xunta de Galiza a declaración como BIC do antigo cárcere provincial

A clasificación do inmóbel como BIC obrigaría o Estado, o seu actual titular, a rehabilitar o edificio, actualmente moi deteriorado, ben como a mantelo aberto ao público.

Decorridos máis de tres meses, a concelleira do BNG Avia Veira quer saber se o Goberno Local deu cumprimento á moción e por iso rexistra unha pregunta oral para a súa resposta no Pleno ordinario do vindeiro mes de marzo.

“Nestes días comprobamos como o Goberno Local declara que non vai executar ningunha actuación nin realizar ningunha actividade no edificio. E é certo que o inmóbel é do Estado e que, polo tanto, ten que ser este quen o manteña —desde o BNG levamos dicindo isto desde hai moitos anos—mais tamén é verdade que desde o Concello se poden impulsar iniciativas como a demanda á Xunta de que declare o imóbel como BIC”.

Protexer o cárcere coa súa clasificación como BIC sería unha “decisión de emerxencia”, sempre no “horizonte da devolución do cárcere ao Concello por parte do Estado, xa que o edificio foi construído en terreos municipais”.

De feito, a devolución ao Concello deste edificio, como o de outros bens do Estado en desuso, fai parte do acordo asinado por BNG e PSdeG que viabilizou a investidura como alcaldesa de Inés Rey.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.