O XXVI Festival Internacional de Teatro Universitario bota a andar este luns 10 de febreiro ás 21.00 horas

A obra ‘En inverno non vai tempo para ir á praia pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic’ da compañía da USC inaugura un ciclo que se estenderá ata o venres 14

A peza En inverno non vai tempo para ir á praia pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic da compañía da USC servirá o vindeiro luns 10 de febreiro, ás 21.00 horas, de punto de partida para o XXVI Festival Internacional de Teatro Universitario. O Salón Teatro será a sede deste ciclo que se estenderá ata o venres 14.

A obra La isla, da compañía lituana Teatras Studija Palėpė, ocupará a sesión do martes 11. O mércores será a quenda da Aula de Teatro da Universidade de Almería con Nana; e o xoves 13, a peza Doentum imaxinaribus correrá a cargo da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Teatrubi da Universidade da Beira Interior en Portugal pechará este certame, o venres 14, coa obra Cântico negro. Todas as sesións desenvolveranse no Salón Teatro, a partir das 21.00 horas. A entrada é de balde previo paso pola billeteira que se abrirá ao público a partir das 19.00 horas.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.