Ourense estrea a primeira edición galega dun absoluto en pista cuberta

En apenas unhas semanas a nosa Comunidade acollerá o acontecemento atlético máis importante do calendario nacional de pista cuberta ca celebración do Campionato de España Absoluto na pista sintética de Ourense

Esta importante celebración permitirá os miles de asistentes achegados, poder presenciar en vivo e directo ás máis importantes figuras nacionais e mundiais do momento. De igual modo, o atractivo do calendario (dous dias) fará posible vivir toda a emoción dun espectáculo deportivo destas características, onde a venda de entradas vai a un ritmo frenético

Riazor,o referente histórico

O importante retraso na dotación dunha instalación cuberta acorde ás necesidades do noso deporte, fixo que durante máis de corenta anos se tivera que empregar a pista de Riazor para todo tipo de probas e onde malia elo, sería escenarío das disputas nos anos 1972 e 1974 dos Campionatos de España Sub20. Dende aquel entón, terían que pasar nada menos que 44 anos para que xa unha flamente, moderna e avanzada pista de cuberta de Ourense, acollera no 2018 o Campionato de España Sub20 como antesala a calebración a fináis deste mes do Absoluto.

Deixando a un lado a pista cuberta, moitos e variados campionatos de España se teñen celebrado dende 1921 na nosa comunidade, destacando os vinte seis acontecidos no aire libre en todas as súas categorías, os dazaseis de campo a través ou os quince de ruta. Por cidades, A Coruña con quince, Vigo con doce, Ourense con nove e Santiago con seis, son os lugares onde máis edicións se teñen organizado nas súas distintas modalidades e categorías.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ocho + 12 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.