Posta en valor dos produtos autóctonos na IV Feira do Porco Celta de Sarria

Tomé Roca participou este domingo na cita, que congregou a centos de persoas no Mercado Gandeiro da localidade para exaltar esta raza galega e que ten máis da maioría de criadores na provincia de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, participou este sábado na IV Feira Internacional do Porco e os seus produtos -FIPORCO- e a XI Festa do Cocido do Porco Celta no Mercado Gandeiro de Sarria.

Tomé Roca destacou que “dende a Deputación apostamos polos produtos autóctonos e de calidade e este evento é unha boa oportunidade para poñer en valor este produto que xera tanta riqueza na nosa provincia”. Ademais, o Presidente resaltou a alta participación de xente nesta feira, “que dá mostra da importancia que ten esta cita na comarca e en toda a provincia. Estamos nun evento consolidado dentro das citas gastronómicas de Lugo”.

A Deputación colabora con este evento coa gravación por parte dos Servizos Audiovisuais provinciais da Feira de Gando, do pregón, do xantar e do nomeamento de Cazoleiros e Tixoleiros 2020.

Compromiso

A Deputación leva anos apoiando a Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (ASOPORCEL). De feito, o Presidente asinará no primeiro semestre deste ano un convenio de colaboración con este colectivo e co Campus Terra para crear nas instalacións de Gayoso Castro unha granxa para impulsar a raza, que hoxe ten máis demanda que oferta. Con este acordo, José Tomé ratifica o compromiso da Deputación con ASOPORCEL para poñer en marcha estas instalacións, que funcionarán como centro de reprodución e mellora xenética de animais, proverá aos produtores da provincia de novos exemplares e servirá tamén para a transferencia de coñecementos sobre a raza, grazas aos proxectos que desenvolva o Campus Terra e que se poñerán a disposición do sector.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos × dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.