Presentado en Lugo o I Campionato de Tapas de España

O campionato, organizado pola Confederación Empresarial de Hostalería de España, desenvolverase o 25 de marzo na Escola de Hostalería da Casa de Campo de Madrid

O Presidente de la Deputación, José Tomé Roca, participou este xoves na presentación do I Campionato de Pinchos e Tapas de España, que tivo Lugo como escenario para o seu lanzamento. Este certame gastronómico nacional, organizado pola Confederación Empresarial de Hostalería de España, desenvolverase o vindeiro 25 de marzo na Escola de Hostalería da Casa de Campo de Madrid.

José Tomé, agradeceu a Hostelería de España que pensase na provincia de Lugo para albergar a presentación oficial deste gran evento nacional subliñando que “a cultura das tapas supón unha sinal de identidade propia dentro da gastronomía lucense”. “As tapas son quizais a expresión máxima do desexo de agradar ó cliente, de intentar que se sinta como na casa cando visita un establecemento hostaleiro. E son tamén parte do noso patrimonio cultural, da nosa oferta turística e do noso tecido económico”, subliñou.

O Presidente tamén felicitou á Asociación de Empresarios de Hostalería da Provincia, coa que a Deputación mantén unha estreita colaboración, “polo gran traballo realizado para que a capital da provincia de Lugo fora escollida para a presentación do 1º Campionato de Pinchos e Tapas de España e por todo o que implica para a promoción a nivel nacional da nosa riqueza gastronómica.”

Esta competición estatal será a fase final dos diferentes concursos de tapas e pinchos que desenvolven as asociacións provinciais de hostalería de España. Nela participarán os representantes seleccionados por estas asociacións e competirán por tres premios. Un xurado profesional cualificará as diferentes propostas atendendo á adecuación do prato ao formato de tapa/pincho, sabor e textura, orixinalidade, presentación, e o emprego de produto autóctono ou tradicional entre outros criterios.

Xunto ao Presidente da Deputación, na presentación do 1º Campionato de Pinchos e Tapas de España participaron a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o presidente e o secretario xeral de Hostelería de España, José Luis Izuel e Emilio Gallego, respectivamente, Chehé Real, presidente da Asociación Provincial de Hostalería de Lugo, a Concelleira de Cultura de Lugo, Maite Ferreiro, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado da Xunta na provincia, José Manuel Balseiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

5 × cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.