‘Stat Wars: o Imperio dos Datos’ achega as utilidades da estatística a alumando de ESO e Bacharelato

Esta iniciativa impulsada pola USC desenvolverase no Auditorio de Galicia os días 27 e 28 de abril

A iniciativa ‘Stat Wars: o Imperio dos Datos’, liderada polo Grupo de Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos (GRID) da USC, desenvolverase os días 27 e 28 de abril no Auditorio de Galicia. Esta actividade ten como primordial obxectivo amosarlle a alumando de ESO e Bacharelato todas as utilidades da estatística, así como as súas aplicacións noutras disciplinas para a resolución de problemáticas habituais.

“Ambientada na coñecida saga cinematográfica Star Wars e empregando un enfoque baseado na metodoloxía ‘aprender-xogando’, o seu formato innovador atrae o interese dos estudantes e fomenta a súa participación, transformándoos en estatísticos por un día”, apunta a organizadora do certame Carmen Cadarso Suárez, catedrática do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización.

Os centros de ensinanza interesados en participar deben contactar coa organización a través do correo electrónico proyecto.statwars@usc.es ou no teléfono 881812283 en horario de 10.00 a 14.00 horas. Esta iniciativa divulgativa conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía-Ministerio de Ciencia e Innovación e da Rede Nacional de Bioestatística (BIOSTATNET).

Xunto á USC, toman parte nesta iniciativa as universidades e Navarra, Almería, País Vasco, Autónoma de Barcelona, Politécnica de Cataluña, Carlos III de Madrid, Salamanca, Castela-A Mancha e Valencia.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

7 − dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.