Xa se poden presentar candidaturas ao II Premio Internacional de Cardioloxía Ramiro Carregal

A Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (FIDIS) abriu o prazo de presentación de candidaturas ao II Premio Internacional de Investigación en Cardioloxía ‘Enfermedades valvulares cardíacas’ Ramiro Carregal. O empresario gallego firmaba hai uns días o convenio de patrocinio deste segundo premio coa presidenta da FIDIS, Eloína Núñez, e co xefe do Grupo de Investigación en Cardioloxía, o Dr. José Ramón González-Juanatey.

O premio, que conta cunha dotación económica de 20.000 euros, ademais de galardón acreditativo, quere contribuír á investigación das enfermidades cardíacas, “un tema prevalecente e prioritario, sobre todo no referente ás válvulas do corazón”, tal como asegurou o Dr. González-Juanatey na convocatoria desta segunda edición.

O prestixioso cardiólogo lembrou a importancia do primeiro premio, que recaeu nun proxecto destinado a coñecer o impacto da amiloidose cardíaca en pacientes con  estenose aórtica, unha patoloxía ligada ao envellecemento que supón un grave problema de saúde, e cuxa investigación está a levar a cabo un equipo liderado polo Dr. Diego López Otero no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Candidaturas e selección

Do mesmo xeito que na anterior edición, poden presentarse a este Premio investigadores básicos ou clínicos que desenvolvan a súa actividade “en centros sanitarios e/ou centros de investigación, públicos ou privados de Galicia, España ou calquera parte do mundo”. Para iso tan só terán que cubrir os modelos de solicitude dispoñibles na páxina web do Premio (premioramirocarregal.com/cardiologia). Trátase dun documento explicando o proxecto e outro co currículo resumido do investigador principal e/ou grupo de investigación, ademais dunha declaración escrita comprometéndose a recoller o galardón persoalmente en caso de resultar premiado.

As propostas, que deben ser orixinais e ter un carácter claramente innovador e aplicado poderán presentarse ata o próximo 30 de abril directamente a través da citada web do Premio, ao Apartado de Correos 50 de Santiago de Compostela ou no correo electrónico cardiologia@premioramirocarregal.com.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

once − 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.