A Conferencia de Decanos de Educación promove unha estratexia conxunta para garantir a continuidade da formación

Conferencia de Decanas e Decanos de Educación, da que forman parte Vicente Romo, decano da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra, e Mar García, decana da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, acordou desenvolver unha estratexia conxunta para garantir a continuidade dos procesos formativos trala suspensión da docencia presencial decretada para facer fronte á expansión do Covid-19.

Nunha reunión de urxencia da súa comisión permanente, celebrada este luns, a conferencia acordou “establecer unha dinámica de traballo coordinado e cooperativo” para garantir a continuidade da docencia e “compartir todos os recursos que permitan, na medida do posible, a adquisición das competencias profesionais do estudantado dos títulos de Educación”.

Nun comunicado, a Conferencia de Decanas e Decanos salienta a “capacidade de adaptación ás circunstancias sobrevidas” das diferentes facultades, ao tempo que sinala que “a maior dificultade” á que se enfrontan estas titulacións é o desenvolvemento das prácticas obrigatorias do alumnado en centros educativos.

Comunicado da Conferencia de Decanas e Decanos de Educación

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.