A Coruña. O concello lanza a campaña #CoruñaQuedaNaCasa

 Campaña para concienciar a veciñanza coruñesa da necesidade de cumprir as indicacións das autoridades e frear así o número de contaxios de coronavirus. Deste xeito, trasládase unha mensaxe que apela á responsabilidade pero tamén á esperanza, e faise desde unha óptica coruñesa con frases ou ditos coñecidos pola cidadanía dirixidos a diferentes perfís de idade.

Desde o coñecido berro de María Pita transformado para a ocasión en “Quen teña honra, que quede na casa”, a unha frase en “koruño” como é a de “Achanta neno, queda no kel”, a iniciativa recolle tamén outras expresións populares galegas adaptadas a este tempo de confinamento como “Quedo, que teño que quedar” ou refráns como “Nunca choveu que non escampara”. Tampouco faltan referencias ao deporte coa frase “Este partido xogámolo na nosa casa” e pídese “Sentidiño”.

Cada unha das misivas acompáñase do logotipo que serve de imaxe á campaña e que consiste no lema #CoruñaQuedaNaCasa envolta polo perfil da Torre de Hércules. O faro, símbolo da Coruña, exerce aquí de “fogar” que acolle a veciñanza coruñesa rodeándoa. De xeito implícito, xógase tamén co facho de esperanza que é a luz da Torre que ilumina a cidade cara ao futuro con ilusión.

A campaña consta de diferentes pezas que conteñen as mensaxes antes descritas: cuñas de radio, creatividades pensadas para a prensa en papel e dixital, e un vídeo para que se difunda nas redes sociais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.