A Deputación demanda á Xunta que proporcione “canto antes a todos os concellos da provincia equipamentos de protección suficientes para previr o Covid-19”

O Presidente traslada nun escrito ao Goberno galego a preocupación manifestada pola inmensa maioría dos municipios da provincia de Lugo pola falta de EPIs e pídelle que, á maior brevidade posible e dentro das súas responsabilidades nesta crise sanitaria, atenda as súas necesidades

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, trasladou á Xunta de Galicia a demanda dos concellos da provincia relativa á necesidade de dotalos de equipamentos de protección para facer fronte ao coronavirus.

Recollendo a preocupación manifestada pola inmensa maioría dos municipios da provincia de Lugo, relativa á falta de Equipamentos de  Protección Individual -EPIs- para minimizar os riscos de contaxio do COVID-19, o Presidente remitiu un escrito á Presidencia da Xunta e á Consellería de Sanidade no que solicita á Administración autonómica que, “dentro das súas responsabilidades na crise sanitaria, proporcione a todos os concellos lucenses, canto antes, o material de auto protección en cantidades suficientes para poder desenvolver o seu traballo en condicións de seguridade”.

A Deputación Provincial de Lugo, cumprindo coa súa función esencial de cooperación cos concellos e como valedora das súas demandas, espera que a Xunta de Galicia atenda, á maior brevidade posible, as súas necesidades.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 × 1 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.