A Policía Local de Carballo reorganízase para facer fronte á crise sanitaria e social provocada polo coronavirus

As medidas, que teñen como finalidade preservar a saúde dos/as axentes e garantir o servizo á cidadanía, entraron en vigor esta fin de semana                                                            

Preservar a saúde dos/as axentes e garantir o servizo á cidadanía son os obxectivos das medidas que vén de adoptar a Xefatura da Policía Local de Carballo para facer fronte á crise sanitaria e social provocada polo COVID-19.

A reorganización, que entrou en vigor esta fin de semana, inclúe a redución das quendas diarias, que pasan de tres a dúas pero que incrementan o seu horario para manter o servizo durante as 24 horas. A partir de agora haberá quenda de día e quenda de noite. Ademais, naqueles grupos operativos nos que sexa posible, un dos axentes permanecerá de retén no seu domicilio, de xeito que, na hipótese de que se producise algún contaxio e o equipo de traballo tivese que estar en corentena, sempre quedarían axentes dispoñibles para manter o servizo en funcionamento.

Entre as medidas adoptadas tamén figura o establecemento dun protocolo de entrada e saída das dependencias policiais para evitar que os/as axentes coincidan nos cambios de quenda. Nas instalacións extrémanse as medidas de hixiene, con desinfeccións en días alternos. Ademais, cada grupo operativo utilizará sempre o mesmo vehículo durante o ciclo de traballo, e unha vez rematado procederase á súa desinfección por parte dunha empresa especializada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.