A Praza e o Mercado Municipal de Lugo xa teñen instalados os dispensadores de xel de alcohol

Cristina López: “colocamos estes dispensadores para permitir que as persoas usuarias poidan desinfectar as mans antes de comprar”

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitou o Mercado Municipal e a Praza de Abastos, onde se veñen de colocar dispensadores de xel de alcohol. Segundo Cristina López, “colocamos estes dispensadores para permitir que as persoas usuarias poidan desinfectar as  mans antes de realizar as súas compras e así reducir posíbeis focos de infección”.

Cristina López animou ás veciñas e veciños de Lugo a facer as compras no pequeno comercio de alimentación que estes días permanece aberto e dando servizo a toda a cidadanía. Segundo Cristina López,  “tratamos de reducir ao máximo as perdas que se poidan producir coa situación de emerxencia nos comercios das prazas e mercados municipais”.

 “Desde a área de Participación suspendemos as taxas ás praceiras e praceiros mentres dure a situación de emerxencia”, lembrou Cristina López, que engadiu  “estamos a poñer en marcha medidas para favorecer que as veciñas e veciños de Lugo se acheguen a estes dous recintos e colaboren en que o impacto para o pequeno comercio sexa menor”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.