Alternativa Arteixo solicita ao Goberno a creación dun servizo de voluntariado para axudar a persoas dependentes
Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao Goberno municipal que poña en marcha urxentemente un servizo de voluntariado para axudar a persoas dependentes durante esta crise de emerxencia sanitaria provocada polo virus Covid-19. Mentres dure esta situación é primordial poñer en marcha medidas para prestar axuda a aqueles colectivos máis vulnerables
“Nesta situación complexa e excepcional que estamos a vivir, a sociedade está a volver a demostrar a súa solidariedade con aqueles que máis o necesitan e que peor o están pasando, pero, para que estas iniciativas solidarias se poidan desenvolver con todas as garantías e medidas de seguridade é fundamental unha xestión e coordinación por parte da administración local. Por iso, Alternativa dos Veciños esixe que se adopten medidas canto antes”.