Aprazado o Festival Elas Son Artistas que estaba previsto para o mes de abril

«Por responsabilidade social e ante a actual pandemia declarada polo COVID-19, a dirección do festival Elas Son Artistas decidimos adiar a súa próxima edición prevista para o mes de abril tendo en conta as recomendacións das autoridades sanitarias e co obxectivo de garantir a seguridade de público, artistas e profesionais vinculadas aos eventos que se ían celebrar do 17 ao 26 de abril en oito concellos da área metropolitana da Coruña”.

“Estamos a traballar a toda marcha en medidas para celebrar a Creatividade Feminina ao longo dos vindeiros meses e agardamos moi pronto poder seguir gozando da música en vivo coma antes; aínda que agora tamén o fagamos, pero de maneira diferente: con discos, documentais, directos… E recordando as pasadas edicións”.

A Cultura será sen dúbida unha das actividades humanas que nos axuden a recuperarnos como sociedade, pero agora #QuedaNaCasa. Isto é cousa de todos.

Foto: Cris Andina

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.