Arbo elabora un plan de desinfección en todo o municipio coa colaboración de empresas do concello

O Concello de Arbo, leva traballando dende o pasado sábado na desinfección das rúas do casco urbano e das zonas de máxima afluencia nas parroquias

As  adegas arbenses  As Laxas e Marqués de Vizhoja puxeron a disposición do Concello de Arbo a súa maquinaria e persoal para colaborar co Concello de Arbo na aplicación de produtos desinfectantes nas rúas, marquesiñas e lugares onde existe máis concentración de persoas. Estes traballos de desinfección comezaron o sábado por  todo o casco urbano, seguiron onte polo barrio da Estación e a Estación de Renfe, a parroquia de Barcela, incluído o parque empresarial, a parroquia de Sela continuando hoxe polas restantes parroquias. Mañán volverá a facerse a desinfección pola tarde en todo o casco urbano e todas as súas rúas, e seguirase o mesmo plan nas diferentes parroquias.

O alcalde Horacio Gil, está coordinando, supervisando e acompañando en todo momento ao persoal voluntario das adegas e asegura que se trata dun operativo máis de prevención, que se seguirá levando a cabo mentres siga a crise sanitaria. O concello de Arbo, continuará aplicando todas as medidas que estean ao noso alcance para loitar contra o Covid-19.

Horacio Gil, considera que todas as medidas que se tomen nun momento de tanta urxencia son necesarias, e agradece as adegas As Laxas e a Marqués de Vizhoja  a súa disposición e colaboración, así como tamén a todos e todas os voluntarios e voluntarias, ao persoal municipal e a todos os veciños e veciñas de Arbo, pola súa colaboración e solicita que por favor sigan as indicacións facilitadas polas autoridades sanitarias, o Sergas, a Xunta de Galicia e o Goberno de España.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.