CCOO: ” Irresponsabilidade do concello de Ourese en materia de prevencin de riscos no Servizo de Axuda o Fogar (SAF)

Dende o gabinete de SAUDE LABORAL da UI de CCOO queremos facer públicas as queixas que nos chegan das persoas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Ourense (SAF)

Toda a sociedade somos conscientes do que está acontecendo coas residencias de maiores en xeral, e a CCOO de Ourense, á vista das informacións que nos chegan a través da Sección Sindical de CCOO, preocúpanos a situación no SAF en base as seguintes cuestións:

  • En só 15 días máis de 4.000 horas foron suspendidas a petición dos propios beneficiarios do SAF por prevención de contaxio
  • Trala aparición do primeiro caso positivo entre xs traballadorxs, a empresa optou por poñer en cuarentena os usuarios atendidos por a persona afectada, ao non contar coas medidas requeridas de prevención, e viuse obrigada á suspensión de ditos servicios (ainda contra os seus intereses), e pola contra, o Concello de Ourense, ordenou o reinicio inmediato dos mesmos, pese a ser coñecedores dos riscos aos que están expostos traballadores e resto de
  • Tralo primeiro caso positivo entre os beneficiarios deste SAF, os familiares responsablemente comunicáronllelo a empresa solicitando voluntariamente a suspensión temporal do servizo polo ingreso hospitalario que requeriu a atención sanitaria do familiar. Coa alta hospitalaria desa persoa usuaria, o Concello ordenou reiniciar o servizo a este usuario con incremento de horas, que a plantilla, de boa gana, prestarían para axudar a este e ao resto de futuros ou probables afectados si contásen cos equipos de protección individuais que garantisen o traballo tanto das auxiliares e da saúde dos propios usuarios, enmarcados en “alto risco” pola sua situación previa na totalidade dos
  • En relación a plantilla do SAF, nestes momentos hai persoal en cuarentena, 1 traballador verificado positivo en COVID19 e máis de 30 traballadores de

Tendo en conta que a empresa “ATENDO” está a por a disposición das persoas traballadoras os medios dos que dispón, NON ENTENDEMOS A ACTITUDE DOS RESPONSABLES DO CONCELLO de obrigar a cumprir cos servizos de persoas positivas ou en sospeita (con coñecemento de que a empresa non dispón das medidas preventivas mínimas necesarias) sen medidas de protección axeitada ante o risco grave de contaxio tanto para outros usuarios do servizo, como para as auxiliares, así como para o resto da sociedade sen adoptar medidas extraordinarias pertinentes e acordes a situación.

Trala denuncia presentada ante a Inspección de Traballo de Ourense o pasado día 16 de Marzo por parte da representación legal das traballadoras (RLT) informando da falta de EPIS e do conseguinte risco de contaxio que a situación implicaba, a  día de hoxe, ante a non solución do problema dos EPIS e ante o INCREMENTO de POSITIVOS e persoas en CORENTENA, vémonos na obriga de proceder a este denuncia pública, PRESENTAR DENUNCIA ANTE A INSPECIÓN DE TRABALLO CONTRA A EMPRESA e o CONCELLO e anunciar que, nestes momentos, a Asesoría Xurídica de CCOO en coordinación coa Federación de Construción e Servizos de CCOO de Galicia, esta analizando a documentación así como a situación actual do SAF para, previsiblemente, de selo caso, formular ante o xulgado de garda a oportuna DEMANDA para que a autoridade competente tome cartas no asunto e obrigue a adoptar as medidas de protección establecidas como obrigas na lexislación normativa.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 × 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.