Concello de Marín. A empresa Disgatok súmase á brigada de limpeza municipal e a Protección Civil nas labores de desinfección da vila

Ca situación sanitaria que estamos a vivir, o traballo habitual de limpeza viaria viuse cuadriplicado, dado que é necesario realizar chorreos e desinfeccións especiais no municipio para evitar o máximo posible a propagación do coronavirus.

Por iso, a brigada de limpeza está entre os servizos públicos mínimos durante a vixencia do estado de alarma. “Para garantir a seguridade laboral dos empregados na brigada, tomamos desde o primeiro momento todas as medidas de prevención e hixiene pertinentes e organizamos as quendas para que a plantilla se reparta”, explicou a alcaldesa, María Ramallo.

Durante estes días e como reforzo para optimizar ao máximo este labor, aos operarios da brigada uníronse voluntarios de Protección Civil, coordinados co Concello, e os empregados da empresa Disgatok, que está a realizar a limpeza de maneira altruísta.

A alcaldesa quixo esta mañá “agradecer profundamente este xesto” por parte da firma e, en xeral, “todo o esforzo que están a realizar os traballadores públicos e Protección Civil para manter desinfectados os principais puntos da vila”.

Vídeos dos centros educativos para animar no confinamento

Por outra banda, as novas tecnoloxías seguen sendo unha canle de achegamento entre toda a sociedade, tamén na comunidade educativa da vila marinense. Centros como o colexio San Narciso, o CEIP Carballal ou A Inmaculada elaboraron estes días vídeos de ánimo e con mostras de cariño para todo o seu alumnado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.